Fernando Yanes, do Burela FS, no Nacional Infantil de fútbol sala con Galicia

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Competirán en Almería

28 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha das «xoias» das categorías inferiores do Pescados Rubén-Burela Fútbol Sala, Fernando Yanes, puxo onte rumbo a Almería para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas defendendo a Galicia. A expedición irmandiña partiu desde Lugo, xunto ao combinado feminino infantil, con campionato paralelo en Santa María del Águila e Vícar. Galicia debutará hoxe ante Castela e León, 12.30 horas (pavillón de Dalías). O resultado determinará o camiño do resto do campionato; se Galicia perde xogaría de novo o xoves ás 19.00 horas contra Estremadura. Se gaña, o rival sería o mesmo, malia que o segundo enfrontamento sería o venres 29 ás 12.30 horas.