Festa de interese turístico xa!


ois si, se hai unha celebración que merece -de verdade- ser declarada Festa de Interese Turístico, é o entroido que se fai grande en Foz. Dá envexa ver a implicación de tantos veciños/as e a resposta multiplicada que ten despois por parte da xente. Chova, lostregue ou estea solleira a tarde, tanto ten; o tempo non inflúe, non importa: a ilusión, o ánimo e a disposición poden máis. Este ano volvémolo ver. É un entroido especial, diferente, o que se vive en Foz como non se vive noutros lugares. Esa unión. Na Voz somos testigos dese traballo, desa gran participación para facer do entroido unha festa propia de Foz: sempre tivo e ten o seu reflexo nestas páxinas e agora tamén na nosa edición dixital.

En Foz son sempre os primeiros. Incansables. Un entroido que comeza xa cunha cea de disfraces multitudinaria. Un entroido no que hai moito traballo detrás. Crianzas, mozas e maiores. Esa diferenza que lograron xa por vivilo desa maneira tan súa, tan propia. De verdade, entroido de Foz, Festa de Interese Turístico xa!

Por Miguel Sande Delegado de La Voz de Galicia en A Mariña

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Festa de interese turístico xa!