Consigna en Burela: «Que todos os veciños disfruten do entroido, con orde e ilusión»

Destínanse máis de 3.000 euros en premios aos mellores no desfile que terá lugar mañá, domingo


BURELA / LA VOZ

Quedan pouco máis de 24 horas para que o Concello de Burela viva a expresión máis popular do seu entroido: o desfile. Será este domingo, mañá mesmo. Desta emblemática cita fala o concelleiro de Cultura, José Díaz.

-O entroido de Burela é posible grazas ao esforzo do Concello man con man coas asociacións. Como valoran desde o goberno local esta colaboración mutua e máis nunha festa tan popular?

-Pois é moi de agradecer esa implicación das asociacións de Burela porque é necesaria moita colaboración para sacar adiante tódolos actos previstos tanto no propio desfile como por exemplo co Enterro da Sardiña o mércores. Sen eles sería imposible facelo.

-Que tipo de infraestruturas aporta o Concello de Burela para esta cita e que vaia sobre rodas?

- O Concello pon a carpa da Praza do Concello. No Nadal tamén a poñemos pero na outra praza central do pobo para que ambas zonas se vexan beneficiadas por igual en canto a afluencia de xente. Tamén colaboramos co escenario dentro da carpa e co traballo do persoal de obras, de Protección Civil e mesmo de Gaia Burela a quenes quero agradecer especialmente a inestimable axuda no que a organización se refire.

-Como ve o traslado que Acia fixera hai tempo do desfile que antes era martes a domingo?

-Non pasa nada por probar cousas para analizar a resposta social e valorar que é o mellor. Neste sentido pensamos que os veciños prefiren que sexa o domingo a min persoalmente tamén me parece o día mais axeitado, quizais sobre todo para non contraprogramarnos uns e outros concellos da Mariña e que se poida disfrutar do Entroido en diferentes sitios e diferentes días.

-Mantense o nivel dos premios con respecto a edicións anteriores?

-Si, o ano pasado subímolos considerablemente e este ano mantéñense practicamente iguais. Sobre isto volvo a recalcar algo que non me canso de dicir. A gran parte dos premios danos comercios do pobo nos que pedimos colaboración e eles axudan a esta actividade organizada polo Concello de unha maneira incrible. Somos conscientes das dificultades que atravesa o pequeno comercio e a hostalería e da gran cantidade de asociacións que lles piden colaboracións por iso e aínda e mais meritorio. Insisto de corazón nesas sinceras grazas a todos eles.

-Cal é o obxectivo principal na organización conxunta do entroido burelense?

-Que todos os nosos veciños e quenes nos visiten disfruten do evento o mais posible, con orde e con ilusión. O Entroido ten moito arraigo en Galicia e as tradicións hai que mimalas e coidalas para que non se perdan.

-Vostede, é de disfrazarse?

-A verdade é que non, nunca fun, pero encántame ver como disfruta a xente sendo por uns días o que elixan ser e todo a traballo que hai detrás e a ilusión que poñen. É un pouco como un gran teatro ao aire libre no que disfrutan os actores e os que so somos público.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Consigna en Burela: «Que todos os veciños disfruten do entroido, con orde e ilusión»