O TSXG anula o despido de Rogelia Mariña, de UGT, en Sargadelos

Confirma que a empresa e o seu propietario deben indemnizala con 30.000 euros


cervo / la voz

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de emitir unha sentenza na que confirma a nulidade do despedimento da que fora presidenta do Comité de Empresa de Sargadelos, Rogelia Mariña.

A sentenza do TSXG confirma que o administrador de Sargadelos «ten que responder solidariamente, xunto coa mercantil, do abono a Rogelia Mariña de 30.000 euros de indemnización, polo que UGT solicitará do Xulgado que Segismundo García proceda ao pago desta indemnización do seu peto».

«Este despedimento -recordan desde UGT- foi considerado nulo xa polo Xulgado do social que condenou á empresa para indemnizar a Rogelia Mariña con 30.000 euros por danos morais. A partir deste momento as ameazas e coaccións sucédense e, non só cara a ela, senón tamén cara a outros compañeiros».

«Rogelia Mariña foi despedida por un único “delito”, defender aos seus compañeiros e compañeiras -sinalaban onte desde UGT-. Despois de moitos sacrificios laborais nunha época difícil para Sargadelos, e cando a fábrica empezaba a remontar, Rogelia esixiu, nin máis nin menos, o cumprimento do convenio colectivo en todos os seus termos e condicións. É dicir, foi despedida por cumprir coas obrigacións que implica o seu cargo sindical, como delegada electa de UGT na empresa», manifestaban desde o sindicato.

«Foi acusada, ela e UGT, de causar quebranto á empresa por un millón de euros», din.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O TSXG anula o despido de Rogelia Mariña, de UGT, en Sargadelos