4.500 euros en premios no desfile de Entroido de Ribadeo

d.g. RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

FOTO MIGUEL

A organización ofrece cen euros a cada unha das dez primeiras charangas ou comparsas en inscribirse

27 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A comisión de carnaval de Ribadeo abriu xa a inscrición para participar no desfile que terá lugar o martes, 5 de marzo,

Martes de Entroido. O prazo remata o luns ás doce da noite.

As bases e as fichas de inscrición poden atoparse no facebook EntroidoRibadeo.

Desde a organización subliñan que «no que respecta á categoría charanga/comparsa as 10 primeiras en inscribirse recibirán unha achega económica especial de 100 euros cada unha, que se lles entregará

en efectivo o mesmo día do desfile, e a maiores contan coa posibilidade de optar a premio».

Os dorsais serán entregados entre as 15:30 e as 16:30 horas á entrada do Cine Teatro. Todos os participantes deberán estar na avenida Rosalía de Castro cun mínimo de 15 minutos de antelación ao inicio do desfile, previsto para as 17:00 horas. En total vanse repartir preto de 4.500 euros en premios.