Miriam Bermúdez encabezará a candidatura do BNG ás municipais de maio en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

15 feb 2019 . Actualizado a las 10:05 h.

Miriam Bermúdez García encabezará a candidatura do BNG ás eleccións municipais de maio en Viveiro. A actual vicerresponsable do Bloque en Viveiro foi elixida pola asemblea local da organización frentista de maneira unánime. Destacan a súa «vitalidade, entusiasmo, capacidade de traballo e compromiso con Viveiro». O Bloque avanza que durante as vindeiras semanas continuará a traballar na conformación da candidatura coa que esperan regresar á corporación municipal de Viveiro. «Onde esta organización política -din- estivo sempre representada desde as primeiras eleccións municipais, despois da ditadura franquista, do ano 79». Por outra banda, o BNG adianta que organizará unha serie de encontros electorais abertos á veciñanza e a colectivos para achegar propostas e ideas coas que elaborar un proxecto de goberno que, sosteñen, «serva para mellorar a vida das persoas e transformar Viveiro no concello referente da Mariña».