A feira Expomar, que estes días se promociona en Bilbao, xa ten todo ocupado para maio

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

FOTO SERGIO

14 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Feira Náutico Pesqueira Expomar estase a promocionar estes días en Bilbao, en Sinaval. Ata alí se desprazou o xerente da Fundación, José Manuel González. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o evento, que se celebrará en maio, contará con 500 metros máis de superficie da habitual e subliñou que xa está toda ocupada cos expositores e empresas que se darán cita en Expomar 2019. A comisión organizadora manterá unha nova xuntanza de traballo o vindeiro venres, 15 de febreiro, ás 13:00 horas.

O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, explicou que “Sinaval é unha das feiras náutico pesqueiras máis importantes para o sector que se fan en España e nosoutros como consideramos que debemos aprender e tratar de falar en todos os medios de Expomar ata alí foi o xerente da Fundación. José Manuel González mantivo moitísimas reunións con diferentes sectores e deu a coñecer

a nosa feira Expomar, que xa era coñecida en Bilbao».

Alfredo Llano cre que «este 2019 vai ser unha boa edición da nosa feira. Agora mesmo xa está totalmente ocupado todo o recinto, imos ampliar 500 metros máis e chegar ata os 4.000 metros no mesmo recinto feiral», concluía o rexedor.