A Xunta dota ao IES de Mondoñedo dun simulador forestal para FP Agraria

Permitirá á industria forestal contar no futuro con persoal cualificado

Un simulador forestal para los alumnos del Ies de Mondoñedo

mondoñedo / la voz

Os conselleiros de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitaron este venres o IES Plurilingüe San Rosendo en Mondoñedo, onde puideron comprobar o funcionamento do simulador forestal co que estes departamentos veñen de dotar o centro.

Este equipamento, dirixido ás ensinanzas de FP da familia profesional de Agraria, contribúe a mellorar a cualificación do alumnado, de tal forma que os titulados conten cunha cualificación que responda ás necesidades do sector agroforestal, tal e como explicaron.

Carmen Pomar indicou que este simulador terá unha especial aplicación no ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural e na titulación de FP Dual deste IES, a de grao medio en Aproveitamento e conservación do medio natural. Neste sentido salientou que este ciclo se desenvolve en colaboración con 13 pequenas e medianas empresas da zona (Carronza, Construcción Obras y Viales Teixeira, Forestal Díaz Casariego, Hijos de Ramón Rubal, Tojeiro y Vidal e as empresas de madeira Masma, Díaz Ramos, Argimiro, Míguez de Burela, Naciente, Patricio, Villapol e Maderera de Cospeito). Pomar e Conde afirmaron que a industria forestal poderá contar con persoal cualificado.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta dota ao IES de Mondoñedo dun simulador forestal para FP Agraria