Catorce familias arrolaron os seus bebés en Ribadeo

A compositora mariñá Ugia Pedreira impartiu unha sesión para familias con nenos de 0 a 3 anos


ribadeo / la voz

Un total de 14 familias de varios concellos mariñáns participaron cos seus bebés na primeira sesión de arrolos que programa este semestre o Proxecto Apego. A cantante e compositora focense Ugia Pedreira foi a encargada de impartir o obradoiro, no que pais e nais de nenos de 0 a 3 anos aprenderon máis do carácter musical e terapéutico das nanas. Como remate, cada familia compuxo unha canción de durmir inspirada nos valores que queren transmitir aos seus fillos. A segunda sesión será en maio, e inscriben en cultura@ribadeo.org.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Catorce familias arrolaron os seus bebés en Ribadeo