El Ribadeo Indiano da un paso más y se presenta en Madrid, con Fitur

s. corral RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Será la próxima semana, el día 24, «a idea é facelo máis internacional»

16 ene 2019 . Actualizado a las 22:04 h.

El próximo día 24 se presentará el Ribadeo Indiano en la Casa de Galicia en Madrid, aprovechando que en la capital se celebra Fitur, la Feria Internacional de Turismo.

«Si, será o próximo 24 de xaneiro ás 20:00 horas na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. O Concello de Ribadeo en

colaboración con Acisa presentará a nivel internacional o seu evento histórico cultural Ribadeo Indiano», apunta Ana Martínez, concejala de Turismo.

«Como é sabido, a emigración deixou en Ribadeo unha profunda e visible pegada, palpable por todas as partes: no urbanismo, a innovación empresarial, a transformación agraria, a educación, a cultura, a música, o asociacionismo, a promoción social… Por iso, desde fai cinco anos, o Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa vén organizando esa celebración cultural e festiva que ten tres grandes obxectivos: poñer en valor o noso rico legado emigrante; celebrar valores como a integración, a solidariedade, a concordia ou a interculturalidade; e contribuír a que os países de acollida non sexan só lugares onde repouse boa parte da memoria de Galicia senón tamén territorios de futuro, prósperos e útiles para todos/as a través do mutuo intercambio e coñecemento», dice la concejala.

La edil nacionalista señala que «conscientes, de que este evento se está a converter nun referente a nivel galego, sendo así, un dos eventos culturais máis relevantes do país en canto a representatividade histórica deste período

modernista. E chegados a este momento, é necesario dar un paso máis e promocionar o Ribadeo Indiano a nivel internacional. Así, aproveitando a Feira de Turismo Internacional (FITUR), este evento presentarase nun acto

institucional que terá lugar o próximo 24 de xaneiro ás 20:00 horas, como digo, na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia situada na rúa Casado del Alisal, 8».

«Durante o acto darase a coñecer a nivel internacional o Ribadeo Indiano, así como o seu vídeo promocional para este ano 2019. A presentación poderá seguirse en streaming a traves da páxina de Facebook do Ribadeo Indiano. O acto pecharase cunha mostra gastronómica a cargo de restaurantes da localidade que foron premiados no Ribadeo de Tapeo 2018: O Piano, que obtivo o premio do público e El Oviedo, un dos gañadores do premio do xurado profesional. A cita estará amenizada cunha actuación musical a cargo da ribadense Carme Rodríguez. Desde o Concello convidamos a asistir a esta posta de longo, a todos os ribadenses que viven en Madrid, empresarios vinculados coa localidade e xornalistas», concluye.