El comité es claro, rechaza el plan y dice que en 20 años se redujeron ya 600 empleos

La Voz

A MARIÑA

16 ene 2019 . Actualizado a las 22:00 h.

«O comité de empresa de Alcoa San Cibrao non acepta, baixo ningún concepto, que se poña en entredito os futuros contratos de relevo para os ETT’s ou eventuais na planta de San Cibrao. A raíz do preacordo acadado en Madrid no día de hoxe entendemos que,

no referente a San Cibrao, o que propón Alcoa é trasladar o ERE á planta da Mariña. ERE que afecta aos contratos de relevo acordados en convenio e polos que xa pagamos o seu prezo na negociación colectiva. Aceptar a proposta de Alcoa suporía o despido de ata 106 persoas entre ETT’s e eventuais algo que non estamos dispostos a consentir». Es parte del comunicado textual del comité de San Cibrao en respuesta al plan de Alcoa.

«Máis traballadores»

«Por todo isto rexeitamos a parte do acordo de Madrid que fai referencia aos traballadores de San Cibrao e entendemos que non ten valor algún pois negociouse de costas aos seus representantes legais. Por outro lado, este comité leva denunciado reiteradamente a carencia de persoal tanto na planta de Alúmina como na de Aluminio, carencia que pon continuamente en risco tanto a seguridade dos traballadores coma a viabilidade das propias plantas. Lembrar que Alcoa reduciu nos 20 anos que leva dende a compra do grupo máis de 600 postos de traballo propios, só en San Cibrao. Este é o motivo de que aproveitemos para solicitar unha vez máis de Alcoa que cubra esa carencia, non con 100 senón con 300 persoas, pero sempre a maiores dos que xa

estamos traballando na actualidade en San Cibrao», concluye.