O Seminario Terra de Viveiro recauda 5.628 euros ata agora para os afectados polas riadas

S.C., D.G. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Entregaraos no concello para paliar «a situación de emerxencia social dalgúns veciños»

10 ene 2019 . Actualizado a las 20:02 h.

O Seminario Terra de Viveiro recaudou ata o momento 5.628 euros para os afectados polas riadas do 18-N, en especial para os veciños máis afectados de Xunqueira.

«Da campaña de solidariedade cos damnificados polas gravísimas inundacións do pasado 18 de novembro en Viveiro, en especial no barrio de Xunqueira, levada a cabo polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro (Festival Solidario no Teatro Pastor Díaz, contas abertas para donativos e venda de lotaría para o sorteo de Reis 2019) recadáronse 4.328 euros. A esta cifra hai que sumar a aportación do Seminario, 1.000 euros (unha terceira parte da cuota de socios), e a de Cáritas de Celeiro, 300 euros», sinalan nun comunicado. 

«Nesta liña, e ata o vindeiro 31 de xaneiro, o Seminario Terra de Viveiro solicitará que organismos, empresas e outras entidades, móstrense solidarios ante a situación de emerxencia social que padecen algúns veciños nosos que quedaron desprotexidos tras a grande desgraza e traxedia», explican desde o propio Seminario.  

En presenza de representantes da Asociación de veciños de Xunqueira, entregaranse no Concello a suma dos 5.628 euros xunto co diñeiro que as persoas que desexen colaborar ingresen ben no número de conta de Abanca ES79-2080-0150-7230-4002- 3881, ou ben no do Banco Santander, ES 21-0049-0083-2524-9038-4071».

O Seminario Terra de Viveiro agradece finalmente as mostras de solidaridade e de apoio cos afectados manifestadas polos veciños de Viveiro, «pola gran parte dos veciños de Viveiro», resaltan dende o Seminario.