«Ningunha menos! Vivas nos queremos»

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Manifesto lido onte na quedada de Ribadeo por Marta Fernandez Díaz, rapaza de 19 anos de Rinlo, estudante de Maxisterio en Santiago

24 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Remata o 2018, un ano no que puidemos asistir a cómo o feminismo e a loita pola igualdade deu gran salto cualitivo. As revindicacións feministas chegaron a onde nunca antes chegaran a través das redes sociais, das mobilizacións, da organización feminista, do activismo...

O ruxido da nosa indignación, do sentimento de inxustiza... abriu debates como a falta de perspectiva de xénero na xudicatura...

Mais todas sabemos que o machismo non vai desaparecer así como así ....

Cada episiodio de violencia machista é a expresión máxima da desigualde que sofrimos as mulleres. Un horror cotiá co que temos que convivir, no medio da impotencia das institucións e dunha certa e vergoñosa indiferenza xeral, só alterada pola conmoción temporal da asesinada máis recente.

Continúan a ser múltiples as actuacións que vulneraron o principio de igualdade real en diferentes ámbitos, na xustiza, na política, na económica... o que nos obrigou a sair as rúas.

E por desgraza hoxe, temos que movilizarnos novamente.

«Asasinada por ser muller»

Laura Luelmo, 26 anos! Asasinada despois de saír a correr. Asasinada por ser muller!

Estamos aquí por ela, por todas nos!

Porque queremos ser libres e non valentes, de camiño á casa, de volta do cinema, ao

regreso do supermercado, etcétera.

Estamos aquí para falar do noso suspiro...ese suspiro que se dá, cando por fin, seguras,

pechamos a porta da casa. Ese suspiro que queda no aire despóis de atravesar unha rúa escura, donde cada ruido e cada sombra nos apreta a alma.

Mais tamén estamos aquí para berrar:

Que non estamos dispostas a seguir sentíndonos inseguras, para berrar que todas queremos ser libres.. que temos dereito a correr sen medo e non por medo, para berrar que a loita feminista non se vai deter!

Por Laura e por todas

Estamos aquí, por Laura e por todas as mulleres, en todos os lugares e todos os días.

Estamos aquí, vivas, libres e unidas pola igualdade!

Fartas de minutos de silencio cheos de dor e de humillación...Queremos minutos de vida

O primeiro paso a voz.

Non deixaremos de facernos oir nunca.

Ningunha menos! Vivas nos queremos.

Manifesto lido onte por Marta Fernandez Díaz, rapaza de 19 anos de Rinlo, estudante de Maxisterio en Santiago.