Sergio López, gerente de la OPP-07 sobre las negociaciones de pesca en Bruselas: «A valoración é positiva, mellor do previsto»

M.C. / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

21 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Sergio López, gerente de la OPP-07, participó en días pasados en la negociación en Bruselas de las cuotas pesqueras. «Acudimos a Bruxelas con certas preocupacións, máis pola parte de obriga de desembarque que polo tema TACs e Cuotas. O de TACs e Cuotas ía ben encamiñado; as recomendacións científicas eran maioritariamente boas, quitando a recomendación negativa que tiñamos para a merluza daquí de litoral e outros detalles. A preocupación era como se ía aplicar a implementación da obrigación de desembarque, que vai ser obrigatoria para todas as especies a partir do 1 de xaneiro. Faltan doce días e aínda había moitos flecos pendentes (..) A maior parte das nosas demandas, máis ou menos quedaron resoltas».

Asegura que «a flexibilidade entre especies foise máis ou menos resolvendo; a flexibilidade entre zonas foise resolvendo (..) e despois había un problema coas minicuotas ou TACS 0. Hai certas especies que cando España entrou no Mercado Común non entrou no reparto delas, pero agora se podían converter no que nós estabamos chamando especies de estrangulamento, que se che podían obrigar a parar o barco (..) Conseguimos un 6% das capturas desas especies que estaban sin repartir ou que non tiñamos acceso, de Inglaterra, Irlanda, Francia e Bélxica se metan nun saco e con ese saco nós, dalgunha forma, temos acceso ao que nos fai falta. Pagarémolo non con esas especies senón coas nosas, como merluza, rape, gallo, xurel, bacaladilla... e cremos que é unha boa forma de compensar». A nivel general, cree que se dio respuesta a problemas contemplados: «Agora falta ver como o vai executar o Goberno español. Eso ímolo resolver unha vez pase o Nadal, pero no que respecta á negociación con Europa, a valoración é positiva e mellor do previsto».

Afirma que en TACS e Cuotas «conseguimos deixar a de merluza (..) E aquí en litoral tamén conseguimos que se saíra de cuotas o chavo, que é unha especie que non comercializamos pero que podía complicar o tema do arrastre. E conseguimos que se abrira para unha campaña científica unha unidade funcional da cigala» para recoger datos.