Educando en Familia despide o 2018 na Mariña

La Voz

A MARIÑA

CEDIDA

17 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os grupos de Educando en Familia da Mariña despiden estes días o 2018 organizando distintas actividades. As familias de Ribadeo, xunto coas doutros concellos nos que coordina os grupos a mestra Encarna Santos, foron de excursión ao belén de Begonte. E as de Viveiro, que orienta Estefanía Eijo, celebraron unha festa de Nadal na que os nenos recibiron a visita de Papá Noel.