O coro do colexio de Celeiro actuará mañá domingo, na igrexa, ás 12.30

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

15 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O coro do colexio de Celeiro, integrado por uns 60 nenos e nenas de entre 8 e 11 anos, actuou na tarde do pasado xoves, 13 de decembro, na Residencia Domus VI de Viveiro como colaboración co Mercado Solidario que organizou a mesma.

Os nenos e nenas do coro actuarán de novo mañá domingo, 16 de decembro, na Igrexa de Celeiro, ás 12.30 horas, para todas as familias e veciños. Parabéns a este coro do colexio e mañá toca ir ver o seu traballo e gozar coas súas cancións na igrexa parroquial.