A Deputación achegou 285.000 euros para fomento do deporte en Foz


foz / la voz

A Agrupación Socialista de Foz agradeceu ao Goberno da Deputación os investimentos achegados para o impulso e o fomento do deporte no municipio mariñán. Foron máis de 285.000 euros os que o organismo provincial destinou para a celebración de actividades deportivas, renovación e dotación de instalacións, así como para os gastos correntes de clubs e asociacións deportivas de Foz.

A agrupación socialista destacou os 100.000 euros que o Goberno da Deputación achegou para a construción do novo hangar de piraguas, que permite o pleno desenvolvemento das labores de formación e promoción do piragüismo na Mariña e os 100.000 euros para dotar de novo céspede natural ao campo de fútbol Martínez Otero. 85.000 euros máis foron para entidades deportivas locais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Deputación achegou 285.000 euros para fomento do deporte en Foz