A Mariña: Coloquio en Foz hoxe sobre os mariñanos nas revoltas do 68
A Pomba do Arco celebrará un acto na Libraría Bahía
La Voz de Galicia
FOZ / LA VOZ
A asociación A Pomba do Arco reúne esta tarde en Foz a varios mariñanos que participaron nas revoltas do 68. Será na Libraría Bahía a partir das 20.30 horas. Participan Olga Villarino, Adolfo Paz (foi testigo do maio do 68 en París) e Luis Gonçales Blasco. Interesante mesa redonda pois a desta tarde en Foz.
Neste mesmo acto presentarase unha publicación de Ramón Ermida sobre «Galiza, 1968. A consciencia avivada». O obxectivo por parte da asociación A Pomba do Arco é a recuperación da historia nesta comarca dándolle voz aos seus protagonistas, caso dos de hoxe.
También en La Voz
El mensaje de Sanidade a la hostelería que no cumple las normas: «Están poñendo en risco a todos»
La Voz de Galicia
Comentarios