A Casa das Letras de Ribadeo acolle mañá unha mesa redonda sobre «activismos feministas»

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

MIGUEL

Será dentro do ciclo "Activismos fronte ao patriarcado"

29 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta mesa redonda terá lugar mañá, venres día 30, na Casa das Letras de Ribadeo dentro do ciclo «Activismos fronte ao patriarcado», que promove o Observatorio da Mariña pola Igualdade.

O debate ou mesa redonda ten como temática, «Activismos feministas pola sustentabilidade» e comezará ás 20:30 horas no salón de actos da Casa das Letras.

A mesa redonda contará coa participación de: Adela Figueroa, de Adega; Dora Cabaleiro [Coop. Ribeira do Navia]; Elena Ferro [Eferro] e Isabel Vilalba [SLG]. Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade animan a asistir e participar neste debate; a entrada é libre e continúa outros debates e actos promovidos polo Observatorio mariñano en toda a comarca en favor da igualdade.

Lembren, a partir das 20.30 horas na sala de actos da Casa ribadense das Letras.