A casa museo do «príncipe das letras mindoniense» está case a punto

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou onte pola mañá o museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo


mondoñedo / la voz

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, comprobou onte pola mañá o avance nos traballos de musealización da Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro, que rematarán previsiblemente a final de ano.

Con este obxectivo a Xunta mobilizou máis de 120.000 euros a través dun convenio entre a consellería e o Concello de Mondoñedo asinado o pasado xullo. En concreto, a actuación da consellería inclúe unha parte dotacional que abrangue a adquisición de equipos audiovisuais, a instalación do sistema de seguridade e accesibilidade do centro, a produción de contidos gráficos e audiovisuais, así como da moblaxe específica para o espazo expositivo; tamén aportou fondos para a parte de documentación e deseño de contidos da musealización do fogar de Cunqueiro.

«Unha aspiración colectiva»

Román Rodríguez lembrou que o proxecto dun museo para «o príncipe das letras mindonienses» é unha aspiración colectiva do pobo de Mondoñedo. Estivo acompañado onte na súa visita á cidade episcopal pola rexedora Elena Candia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

A casa museo do «príncipe das letras mindoniense» está case a punto