A Xunta reparará a vindeira semana as filtracións de auga no Virxe do Carme

Destina á obra 23.000 euros; así o comunicou onte Balseiro á ANPA e á dirección

m. c.
burela / la voz

«A Consellería de Educación, intervirá de xeito inminente no CEIP Virxe do Carme de Burela acometendo unha obra de emerxencia, co obxecto de corrixir as filtracións de auga que se están a producir en diferentes puntos das instalacións deste centro. Máis adiante farase unha reforma integral». Así o avanzou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nun encontro que tivo lugar onte e no que participou a dirección do centro e representantes da asociación de nais e pais.

«Os traballos, para os que se reserva unha partida económica urxente de 23.000 euros -explicou Balseiro- teñen previsto iniciarse a vindeira semana, toda vez que nesta tivo lugar a visita da unidade técnica que avaliou os desperfectos e definiu as solucións propostas que pasan por unha reforma integral nas conducións de augas pluviais».

A Xunta opta por anular o canlón de zinc incrustado no interior do aleiro da cuberta, moi deteriorado nos seus enlaces e con carencia de morteiro, realizando unha nova ponte de lousa entre ambos treitos do tellado co fin de conducir a auga ata o exterior, así como a renovación de baixantes e ancoraxes. «Para acometer algúns destes traballos será preciso a demolición parcial da cuberta, sobre todo para acceder ás canalizacións interiores, procedéndose á súa reposición unha vez finalicen as obras», sinalou. «Tamén se procederá ao cambio dos canlóns e baixantes dos patios interiores do edificio 3 e a reparación dos canlóns do ximnasio», engadiu. O informe técnico acredita que as deficiencias foron agravadas polos temporais destas semanas, pero tamén apuntan a unha mala conservación imputable ao abandono do goberno local.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Xunta reparará a vindeira semana as filtracións de auga no Virxe do Carme