Cata (na xubilación de Catalina Sánchez Luengo)


Que se lle perdeu a unha estremeña de Badajoz nun mundo diferente da paisaxe de interior coma é o mar? Que tiña que facer unha persoa de secano nun sector tan específico e senlleiro coma o noso marítimo- pesqueiro? Pois ás claras está que moito tiña que pintar e moito tiña que facer para que, despois de 24 anos, lle teñamos que agradecer moitas cousas a Cata. A primeira, que sirva para un roto e un descosido, e que baixo ese espírito hippie se atope unha persoa que vai poñendo en orde e estado de revista unha feira tras outra, un tema tras outro, un evento tras outro. Pero valer para iso non está solo nese traballo de suma sen presa pero sen pausa.

Verdade que non, Cata?

Valer para todo ten que ver moito con ir fiando grandes e extensas redes de amigos que é no que se converten cada unha das persoas que por unhas razóns ou outras, sexan expositores, traballadores ou visitantes, se achegaron un día de cada un dos 24 anos que botou en Expomar esta muller. Amais, valer para todo ten que ver tamén con esixir unha sola cousa a cada un dos que se presenta diante dela: que aporte en positivo e que pense en favor deste evento que é Expomar e que é o sector marítimo-pesqueiro. Solo iso, Cata.

Ese, pensar, está por riba de ideas, siglas, consideracións, cargos e

pareceres e é o único común denominador que lle coñezo aos amigos e amigas desta muller....e mira que lle coñezo amigos e amigas!. Canto se coñece Burela e Expomar de Rusia a Cabo Verde, Cata. Amais, creo que durante 24 anos ten amosado que o paso corto (e agora de vez en cando o bastón, que para algo lle da aire de señora, que é o que é no termo máis distinguido da palabra) é o ritmo suficiente para cadrar eventos de primeiro nivel e que se pode facer que algo perdure, se acrecente e faga grande a pesca e o mar cando outros van cara abaixo.

Slow, que ben chegamos, Cata.

Ten tamén moito que ver ese proceso construtivo con ter un sorriso por compaña e por levar o “bo rollo” por definición persoal. Por iso, nesta xubilación (que non retiro), creo que te podes dedicar a contemplar o mar desde Rueta. Ou desde onde che pete, que para algo es libre, Cata. Pero permítenos disfrutar da túa honestidade e cariño sempre, porque nunca tan contentos e orgullosos estivemos de que unha estremeña acabase vivindo á beira do Atlántico coma contigo. Cata, a vida libre empeza agora.

Fdo. Antonio Basanta. Xefe de Gabinete da Consellería do Mar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Cata (na xubilación de Catalina Sánchez Luengo)