Día do urbanismo

Suso Fernández CRONISTA OFICIAL DE FOZ

A MARIÑA

05 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O8 de novembro celébrase o Día Mundial do Urbanismo creado pola ONU en 1949 «co fin de defender os intereses públicos da planificación urbana».

A RAE define «urbanismo» como «o conxunto e coñecementos que se refiren ó estudo, desenvolvemento e progreso dos pobos en orde ás necesidades e á calidade de vida. Un urbanismo ordenado, equilibrado e coidadoso co entorno, sen a acción destrutiva das institucións, nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor».

En España tratouse o asunto por primeira vez dun xeito formal no 1º Congreso Nacional de Urbanismo celebrado en Madrid en 1929, pero os logros non foron os esperados pois, xa entón, fallou a colaboración dos concellos.

No informe da Sociedade de Urbanistas de certo país lese: «Es cuestionable que las autoridades se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios que con justicia generan la protesta ciudadana; ello sin considerar los indicios de corrupción. Por otro lado es el ambiental un tema olvidado que reduce la calidad de los recursos turísticos…».

É obvio o interese do urbanismo, que debería ser preocupación primordial de pobos e gobernos, mais alá dos cotiás e demagóxicos discursos tan propios da caste política; con máis feitos e menos verbas, na defensa dun interese cidadán que, sen avergoñarse, unha e outra vez, din defender.

Políticos

Do interese que os políticos amosan por cuestión tan transcendente temos os focegos mostra evidente: precisaron máis dunha ducia de anos para, tras árduo traballo, mental sobre todo, chegar a comprender a barbarie cometida co emplazamento da depuradora; aínda que polos xornais temos novas de que agora non saben qué facer con ela. Non saben onde ubicala pois os ventos da política, que marcan o rumbo a capataces e mesnadas ao servizo da causa, son cambiantes…

¿Precisarán pois, para decidilo, outros tantos anos? E namentres os cidadáns normais, as xentes de ben, viven entre noxentos cheirumes…

É a lección que a cotío nos dan os políticos «progresistas”… adxectivo ao que, con desbordante imaxinación, todos se adscreben.