Máis éxitos dos xóvenes atletas das E. Deportivas de Lourenzá

La Voz LOURENZÁ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

26 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os xóvenes atletas das ED Lourenzá volveron destacar nas probas disputadas a pasada fin de semana.

Sobre un percorrido de 3.600 metros lograba o campionato disputado no Corgo Ana Vallines Fernández para categorías menores con un tempo de 15,26. Sobre o mesmo percorrido, Anxo Edrosa na categoría masculina obtiña tamén un meritorio bronce con 14,51 e o seu compañeiro Joni Rivas remataba na 6ª praza.

Ademáis, en alevín o subcampionato foi para Hugo López cun tempo de 6,44 sobre 800 metros, e Emma García bronce con 8,03. En infantil feminino Iria Otero obtiña un bronce cun tempo de 7,05. En benxamín feminino protagonismo para Andrea García con un bronce en 500 con 1,43.

Por outra banda Anxo Edrosa voou na popular de Viveiro sobre 12 quilómetros para alzarse co título en cadete. Bronce na mesma distancia para Santi Pérez e nos menores triunfo para Pedro Moirón en prebenxamín e bronce para Luís Berdeal.