«O campo da Marosa fíxoselle un pouco grande ao Chantada»

La Voz

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Jaime Méndez, adestrador da SD Burela

24 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo de dúas derrotas consecutivas, a Sociedade Deportiva Burela recuperou o sorriso nun partido que non parecía o máis axeitado. Chegaba á Marosa o Chantada, un dos equipos con mellor reputación no grupo lucense de Primeira Galicia, pero a escuadra burelense foi quen de quedarse cos tres puntos en xogo (2-0). O seu adestrador, Jaime Méndez, cre que o escenario «foi unha boa arma» para os seus homes.

?Explíquese.

?O Chantada está acostumado a xogar nun campo de dimensións bastante máis reducidas e o da Marosa fíxoselle un pouco grande.

?¿Xusta vitoria do seu equipo?

?Penso que si porque, aínda que eles empezaron levando o peso do encontro, co paso dos minutos fómonos facendo ca posesión e en liñas xerais creo que fixemos máis méritos para gañar o partido.

?Non era un rival calquera. ¿Que consecuencias espera que teña esta vitoria?

?Despois de dúas derrotas, facíanos moita falta volver a gañar para subir a moral, reforzar a confianza e recuperar a tranquilidade. O rival era o de menos, aínda que é certo que cando se trata dun dos importantes as vitoria traen un extra de todas esas cousas.

?Van oito xornadas e xa xogaron contra catro dos oito primeiros clasificados: Lemos, Santaballés, Riotorto e Chantada. Os 12 puntos que teñen é para estar satisfeito, ¿ou non?

?Ante un calendario tan esixente e tendo en conta que somos un equipo recén ascendido, creo que é unha puntuación moi meritoria, aínda que nalgún dos partidos quedounos unha espiña porque puidemos facer máis.

?Parece que o Burela non terá problemas para acadar a permanencia.

?Nestes momentos atreveríame a dicir que espero non pasar apuros. O compromiso da xente é total tanto nos partidos como nos adestramentos e hai una forte unión entre os xogadores novos e os veteranos.

?Comezaron a liga con moitos problemas en defensa. ¿Xa están solucionados?

?Niso estamos. Melloramos co paso dos encontros.

?¿O Lemos e o favorito número un ao ascenso a Preferente?

?Sen ningunha dúbida. Tamén me gustou moito o Santaballés, nótase a man de Simón Lamas porque é un equipo ben traballo e cas ideas moi claras. .

?Seguro que para o descenso non o ten tan claro.

?Non, máis que nada pola igualdade que hai no grupo