A Xunta creará 12 novas prazas de comedor no CEIP Península de Paz


Cervo / La Voz

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ampliará o número de prazas do comedor escolar do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Península da Paz, en San Cibrao, Cervo. En concreto, creará 12 novos postos que se engadirán aos 54 dos que dispón na actualidade este servizo. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Barreiro, confirmou que o departamento autonómico de Educación está tramitando unha modificación do contrato de xestión deste comedor escolar que se prevé que estea finalizada a mediados do vindeiro mes de novembro.

Moitas solicitudes

Este trámite administrativo previo a facer efectiva a citada ampliación de prazas iníciase unha vez que se consolidaron as novas solicitudes de familias de alumnas e alumnos do centro escolar cervense, que manifestaron o seu interese en incorporarse ao servizo. Días atrás, algúns pais puxeran en coñecemento de La Voz que desde a dirección do centro lles informaran que das 54 prazas concedidas, 48 estaban adxudicadas a antigos usuarios, polo que das 18 novas solicitudes presentadas este curso unicamente se ían poder adxudicar seis prazas. Este feito provocaba que varios alumnos quedaran provisionalmente sen un servizo que facilita a conciliación da vida familiar e laboral de numerosos pais do municipio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta creará 12 novas prazas de comedor no CEIP Península de Paz