Máis de 50 mariñáns picotearon na Festa do Marisco do Grove

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

A excursión, moi demandada, foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo

10 oct 2018 . Actualizado a las 12:07 h.

Cincuenta e tres veciños da Mariña, concretamente dos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz e O Valadouro, participaron na Festa do Marisco de O Grove (saborearon bo marisco daquela zona) e aínda tiveron tempo para visitar a espléndida Illa da Toxa nunha xornada moi completa e entretida, sen dúbida. A excursión, moi demandada, foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado.