-[C. M.] Eu teño experiencia en logopedia. Quero resaltar que non só hai que etiquetar a logopedia para poboación infantil, tamén abarca máis patoloxías e moi frecuentes na poboación adulta. Está indicada tamén para docentes con fatiga vocal, xente que quere preparar un exame oral ou ten que de falar en público e mellorar a dicción, en casos de trastornos neurolóxicos como ictus que comportan tamén problemas de comunicación como afasias e disartrias... E a fala é imprescindible para o home!
-Como traballa en logopedia?
-[C. M.] O logopeda sempre debe ter o espello ao seu carón, para mirar como articulamos, movementos da cara, lingua, labios, todo o aparato fonador. A sesión é sempre individualizada, aínda que nalgunhas situacións se pode facer en grupo cando hai a mesma patoloxía. Tamén facemos relaxación, porque moita xente tende a tensar a musculatura da cara e pescozo á hora de falar. A terapia miofuncional tamén está moi en vangarda. Tamén reeducamos a respiración para mellorar o patrón da fala, pois para alongar a fonación é necesario ter unha boa coordinación coa respiración, intentando evitar a fala «afogada». Tamén en logopedia imos recorrer ás novas tecnoloxías.