Gayol: «Os dous equipos temos un bo potencial arriba, haberá goles»

I.M.B.

A MARIÑA

ROI FERNÁNDEZ

O adestrador do Foz recoñece que firma o empate en Cantarrana

23 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Gayol espera «ilusionado» o derbi a pesar de que as baixas de Bruzos e David Rodríguez e os problemas físicos que sofren Asier, Dani Chao e Gonzalo róubanlle certo optimismo. «Firmo o empate», recoñece sen rubor o adestrador do cadro focense.

-¿Preferiría que este partido se xogara máis adiante?

-Aínda que vimos de gañar o noso primeiro partido e iso dáche folgos, non chegamos nas mellores condicións. Iremos ca idea de deixar a portería a cero, xa que por aí pasan a nosas posibilidades. Temos que ser moi sólidos en defensa e saír á contra.

-¿Notou un plus de entusiasmo nos seus homes estes días?

-Por moitos que viviras, estes partidos sempre son especiais e as vitorias saben mellor. Os xogadores queren demostrar máis e intentan dar o mellor de si, quizais máis do que poden. Será un partido tremendamente competido no que os erros, por pequenos que sexan, marcarán a diferenza.

-¿Haberá goles?

-Os dous equipos temos un bo potencial arriba, haberá goles.

-A principio de semana xa deixou entrever que o Viveiro é favorito.

-Competimos na mesma categoría, pero en ligas diferentes. Van ir para arriba seguro.

-¿Tan bo equipo lle parece?

-Ten moitos xogadores dunha gran calidade técnica, non un ou dous, senón moitos, sobre todo do medio hacia arriba. E a portería tena ben cuberta con Kiko.