Investigan un atentado ecolóxico no río da Rigueira-Xove

La Voz XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

19 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Seprona está a investigar un verquido, considerado atentado ecolóxico, no río da Rigueira, en Xove. Desde o concello avisouse ao Seprona e lamentan este tipo de comportamentos. «Apareceron restos de mobiliario e outros enseres (restos dun equipo de son, entre outros desperdicios) tirados no río ao carón mesmo da

ponte. O lugar, onde está ubicada unha pequena área de esparcimento», explican desde o concello, e lembran que existe un punto limpo para tirar este tipo de mobiliario.