O BNG reclama ó Sergas máis medios para o PAC de Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

17 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG propón un plan de mellora da atención primaria que garanta dúas equipas completas con persoal médico e de enfermería os 365 días do ano no centro de Urxencias de Viveiro -que atende ao Concello de Viveiro, O Vicedo e Ourol- e non só de venres a domingo.

"Por poboación, dispersión xeográfica, distancia ao centro hospitalario de referencia e tendo en conta que na Mariña só existe unha ambulancia medicalizada con base en Foz é necesario contar con dúas equipas todo o ano para garantir unha asistencia de calidade", afirman.