«Para os alumnos é unha experiencia, de relación social, aprendizaxe e desenrolo»

La Voz

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O vindeiro luns abre a inscripción no curso que organiza o Conservatorio de Viveiro para persoas con discapacidade

15 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Inscripción dende o luns 17 ata o venres 21 • Na Secretaría do centro, de 9.00 a 14.00 horas • As clases durarán de outubro a xuño • Dentro da oferta do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, unha é singular polo público ao que está dirixida. Trátase do curso «Música e capacidades diferentes» no que se poden inscribir persoas con algunha discapacidade, ben sexa física ou intelectual. Óscar Fernández é o profesor por terceiro ano de dito curso, tras unhas experiencias piloto que resultaron clave para seguir.

-Cal é o obxectivo da clase?

-O curso pretende achegar a música e abrir o conservatorio á formación non reglada. Non hai límite de idade.

-Para persoas con discapacidade, a música aportará ademáis múltiples beneficios...

-A música é moi beneficiosa para que desenrolen as súas capacidades psicomotoras, afectivas, cognitivas, etcétera. Ademáis, axúdalles a relacionarse, porque non van tanto a aprender senón a pasalo ben coa música. O curso, ademáis, ten un funcionamento moi lúdico e ameno, aínda que algúns van máis en serio e a aprender instrumento.

-Como foi o resultado dos cursos anteriores?

-O ano pasado eran 19 alumnos, entre 6 e 70 anos. Encántalles! Os que comezan soen repetir todos. Para eles é unha experiencia, relación social, aprendizase e desenrolo persoal a travé da música.

-Para o profesor, que supón?

-Eu tamén vou aprendendo deles e compartimos música. Son o condutor do proceso pero é algo de doble vía. O ano pasado fixemos un festival en xuño no Teatro con Eu Son Band, que tamén levo eu.

-Está nas festas de Area!

-É xenial! E recentemente actuamos en Osa do Mar, tocamos en colexios, na Universidade da Coruña, gústanos moito saír á rúa e sorprender aos viandantes como xa fixemos nas vilas de arredor. Pouco a pouco, vanse formando un pequeno nome no circuito de concertos. Eles disfrutan moito e toman o grupo de forma profesional, os ensaios moi en serio e veno como unha forma de expresión artística, para expresar a súas ideas e sentementos. Ata temos temas propios. Apréciase nos directos, aos que lles poñen moita emoción. É moi bonito e emocinante velo.

-E teñen actuado con True Mountains, Lauriska, Batuko...

-Entendemos o proxecto dunha forma inclusiva, no que participan alumnos con discapacidade pero tratamos de incluir músicos que queiran compartir as súas músicas con nós. Temos unha maqueta xa, temos un tema que consideramos o noso himno, Eu son diferente, que fixemos con True Mountains.

-Chegará a haber disco logo?

-Xa se verá. Nós imos seguir.