Presentan a cuarta edición das Olimpiadas Rurais de Landrove, en Viveiro

s. c. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Serán a próxima fin de semana do venres 21 ao domingo, 23, no campo da festa con música e competición

14 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte pola tarde presentouse no Concello de Viveiro unha nova edición, a cuarta, das Olimpiadas Rurais que se celebrarán en Landrove a vindeira fin de semana, do 21 ao 23.

O venres, primeiro día, actuará unha charanga e terá lugar o prendido da chama olímpica, como corresponde nestes actos; chama que prenderá a alcaldesa María Loureiro ás 21.30. Despois actuará a charanga Os do 21.

O sábado será o día central, grande, con sesión vermú previa ás Olimpiadas Rurais propiamente. Despois dunha tarde de competicións enxebres, terá lugar á noite unha cea labrega, na que non faltará a música co grupo La Noche e coa actuación de Verónica Cambón.

Esta mesma moza artista, Verónica Cambón, tamén actuará o domingo, último día de festa das Olimpiadas, durante unha comida labrega. Haberá premios, naturalmente, para os mellores atletas labregos. As organizadoras tamén sinalaron que haberá xogos e atraccións infantiles no campo da festa para os máis pequenos.

Nada, que esta festa peculiar, enxebre, está arraigando en Landrove e prevese animada e moi participativa.