mondoñedo Hoxe acaba o prazo para os premios Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome

La Voz

A MARIÑA

10 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe, 10 de setembro, finaliza o prazo de admisión das obras en lingua galega para os premios de poesía Manuel Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo. Os traballos deben ser enviados por correo con selo postal de orixe con esta ou anterior data a Praza do Concello, 1, 27740 Mondoñedo (Lugo).