67 familias benefícianse das axudas da Xunta para ascensores

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego destina 227.908,52 euros ao pago destas subvención


VIVEIRO / LA VOZ

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda concedeu axudas a 67 familias da Mariña para facilitar a instalación de ascensores, salvaescaleiras e outros mecanismos de accesibilidade.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego destina 227.908,52 euros ao pago destas subvencións, que apoian a instalación de mecanismos de accesibilidade nas vivendas. Os abonos efectuaranse en dúas anualidades (2018-2019).

As axudas chegan a vivendas ou edificios emprazados en oito municipios da comarca: Mondoñedo, Foz, Burela, Ribadeo, Xove, O Valadouro, A Pontenova e Lourenzá, nos que se rexistraron solicitudes.

A Xunta concede ata o 60% do custo da instalación de ascensores en edificios ou en vivendas unifamiliares.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

67 familias benefícianse das axudas da Xunta para ascensores