«Animamos a todos a que axuden a crear o ambiente familiar e literario»

sara gil / m.c. / Y. G. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

As actividades da IV Feira do Libro de Burela terán lugar dende hoxe ata o domingo na Praza da Mariña

31 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, convida aos veciños e visitantes a participar no ambiente familiar arredor da literatura que se dá no pobo.

-Hoxe é o I Concurso de Relatos ao Voo. Que acollida se espera?

-É algo moi novidoso que pode captar a atención da xente, sobre todo dos escritores afeccionados. Hoxe en día hai moitas persoas que escribe pequenos relatos, sobre todo nas redes sociais.

-No programa deste ano tamén hai numerosas actividades pensadas para os nenos.

-Si. A intención é achegar a Feira do Libro e o mundo da literatura aos pequenos, con actividades que os atraia. O venres, gran parte da tarde está dedicada a eles co obradoiro de manualidades e coa contacontos. O sábado hai unha actuación infantil e o domingo haberá outro contacontos.

-Que ambiente se crea en Burela durante estes días?

-Animamos a todos a que axuden a crear o ambiente familiar e literario, arredor dos estands e das actividades organizadas. O importante é que veñan os burelenses e outros visitantes.

?Nestes días pasarán polo pobo escritores de importancia nacional e mesmo proxección internacional.

?Exacto. É moi importante que veñan estes escritores, como dixen noutras ocasións, sobre todo para darlle futuro á Feira do Libro. Son unhas xornadas organizadas polo Concello de Burela e para nós é de gran valor que veñan escritores dun nivel tan alto e recoñecido. Non só dan prestixio á Feira do Libro, senón que son un vínculo con edicións futuras.

?Tamén hai encontros con varios escritores da Mariña e coa burelense Antía Yáñez.

?Antía leva apostando por escribir dende hai anos, primeiro no mundo infantil e agora coa obra Senlleiras, para un público máis adulto. É moi querida no pobo, e é tamén destacable que estea na feira. Hai outros escritores da Mariña aos que tamén hai que apoiar, e que estarán presentes neste fin de semana literario en Burela.

Viernes 31

11.00 Apertura de estands

12.00 a 13.00 I Concurso de Relatos ao Voo. Os participantes terán que escribir unha historia de non máis de 300 palabras en unha hora, a partires de tres palabras que lles son dadas. O gañador levará un premio de 50 euros e un trofeo conmemorativo

14.00 Peche de estands

17.00 Reapertura de estands

17.00 a 19.00 Obradoiro de manualidades impartido polas monitoras do Centro Medioambiental Gaia

19.30 Contacontos a cargo de Saleta Fernández. A actriz fai unha peza que na se fala da amizade verdadeira como piar para superar todas as súas dificultades. Catro contos para todos os públicos

19.30 a 21.30 Eva Carballares, debuxante e caricaturista, pintará escenas de Feira do Libro de Burela

20.15 a 21.00 Manel Loureiro presenta Veinte, unha novela xuvenil sobre un grupo de rapaces que tentan descubrir por que foi destruída a humanidade. O escritor pontevedrés falará tamén da súa traxectoria literaria

21.00 a 21.15 Firma de exemplares na caseta do Concello

22.00 Peche de estands

Sábado 1

11.00 Apertura de estands

12.00 a 12.30 Actuación de Arume

12.30 a 13.00 Pregón a cargo do escritor Matías Escalera con Pilar Porto, deputada de Cultura; Alfredo Llano, alcalde de Burela; e José Díaz, concelleiro de Cultura.

12.30 Lectura e entrega do premio ao gañador de Relatos ao Voo

12.00 a 14.00 Eva Carballares, debuxante a caricaturista, pintará en directo

13.00 Actuación infantil e familiar Bandullo azul: Filipa cos contos

14.00 Peche de estands

17.00 Reapertura de estands

19.00 Antía Yáñez presenta Senlleiras, gañadora do premio Illanova de Narrativa 2018

19.30 María José Rodríguez falará da súa obra Por amor a ti meu fillo, que versa sobre a violencia de xénero. Participará tamén Patricia Otero, concelleira de Igualdade

20.00 Pablo Mosquera presentará Islas San Cyprianus: Orgullo y Patrimonio

20.30 Carlos Nuevo Cal e Vicente Míguez presentarán a súa obra Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro

21.00 Otero Regal presentará dous libros: José Picado y Pérez, pintor vivariense (1773/1843) e Hai mulleres

22.00 Peche de estands

Domingo 2

11.00 Apertura de estands

12.30 Caxoto contacontos. Felipe Díaz, detrás do nome artístico de Caxoto Contacontos, leva dende o 2012 percorrendo Galicia coa súas historias sobre tradicións, personaxes diversas e galegos ilustres

14.00 Peche de estands

17.00 Reapertura de estands

19.30 Carmen Luisa González Suárez presenta Yeran outros tempos

20.00 Presentación Crúa e Núa, libro de poemas ilustrado de Suevia Figueiroa e Otto Treto

20.30 a 22.00 «Parolando Literatura» con Pepe Peinó. Emisión dende a feira dun programa de Radio Burela en torno á literatura

22.00 Peche da feira

Todos os días Desconto do 10 %. Venres e sábado sorteo ás 21.30 horas de lotes de libros. O domingo sorteo ás 21.30 dunha cesta de peixe doada por Absa (Armadores de Burela S.A.)

Estands participantes Concello de Burela, Deputación Provincial de Lugo e librerías de distintos puntos de Galicia como Nobel, Comic, Pícaros Mundi, Auma, Librería Valín e Librería Cartabón