«Esta é a miña casa e quero regalar á xente un ano fantástico»

IVÁN DÍAZ ROLLE BURELA/LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA POR BURELA FS PESCADOS RUBÉN

O burelense volve vestir de laranxa esta tarde na Copa Xunta, ante o Ribeira en Lugo

25 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O novo Pescados Rubén-Burela volve á competición coa súa fiel afección desbordando ilusión e entusiasmo. O novo proxecto, gobernado por segundo ano por Juanma Marrube, debuta hoxe oficialmente en Lugo, nos dezaseisavos de final da Copa Xunta que o enfrontan ao Ribeira de Terceira División (18 horas). E parece ben difícil poñerlle teito ao conxunto mariñano, tanto neste título, no que defende coroa, como na Segunda División. Mantendo a base que rozou o ascenso e con fichaxes de calidade entre as que, sobre todo, destaca Iago Míguez. Volve «ilusionado por volver a defender o meu pobo entre os mellores», di.

?Volve a competición. Volverá xogar no Vista Alegre, no Torneo Burela Bonita. Terá gañas...

?Pois tras tantos partidos estou desexando que chegue ese momento. Para mín defender ao Burela no Vista Alegre sempre é especial porque estou diante da xente que máis me quere, dos meus veciños, familiares, amigos. Sempre é un orgullo podelos representar a todos.

?Como marcha a pretempada?

?-Está sendo dura porque son moitas sesións e con moita carga física. Pero gústame o que vexo, Todos están demostrando unha implicación máxima. O corpo técnico está logrando transmitirnos as súas ideas. Todo, de momento, me parece positivo.

?Cambian de escenario moi frecuentemente...

?Adestramos na Marosa, no Vista, en Monte Castelo... Iso tamén é bo porque nos axuda a escapar da monotonia.

?Como vai ser o novo Burela?

?Imos manter as señas de identidade do curso pasado. Temos unha base importante de futbolistas que continúan aquí, así que non son de esperar grandes cambios. Debemos conseguir que Vista Alegre sexa unha pista á que non guste vir aos rivales, que de aquí foxan moi poucos ou ningún punto. Juanma en cada adestramento nos transmite que quere que sexamos un equipo aguerrido, ordenado, e no que todos vaiamos a unha.

?Precisan xa unha victoria tras non gañar ningún dos amistosos?

? Non é algo que nos preocupe. É certo que xa xogamos contra o Boal, que é un equipo de inferior categoría, e non pasamos do 0-0. Encerráronse moito e custounos, pero eran só 20 minutos e no primeiro partido da tempada, E despois contra equipos de Primeira, como O Parrulo ou o Inter, que é un dos mellores do mundo se non o mellor, demos a cara e estivemos na liña na que queremos seguir. O importamte nestas datas é ir collendo sensacións e ver onde debemos mellorar.

?Moitos os sitúan como o gran candidato ao ascenso. Tamén o pensan no vestiario?

?Non creo que sexamos os únicos favoritos. Aí están Betis, Mengíbar, Talavera, Manzanares... Nós temos mimbres para facer algo bonito, pero moitos grandes proxectos se quedaron polo camiño.

?Sorpréndeme que non inclúa aos recén descendidos nesa terna de favoritos...

?Non, Santiago e Gran Canaria son dous moi bos candidatos, sen dúbida. No vestiario falamos e saennos ata oito equipos con opcións serias. Pero despois pode pasar calquera cousa e serán os máis regulares os que estean na loita. O noso obxectivo é gañarlle ao Gran Canaria na primeira xornada. A día de hoxe, ese é o partido máis importante. E despois iremos pouco a pouco, xornada a xornada a ver ata onde podemos chegar.

?A grada ten unhas expectativas moi altas respecto ao equipo e tamén a vostede.

?Temos máis ilusión ca presión. Sabemos que aquí hai moi bos xogadores e agora trátase de facer con eles un grupo forte que aproveite a boa base do ano pasado. E así as cousas sairán ben.

?Vostede nota presión?

?Estou contento, é bonito que a xente lle faga ilusión terme de volta. Iso dáme máis forzas para seguir traballando e demostrar aos afeccionados, compañeiros, técnicos e directivos que teñen razón ao apostar por min. Esta é a miña casa e quero regalar á xente un ano fantástico.

?Como foi esta tempada en Santa Coloma?

?Cando estás fóra valoras máis o que tes aquí. Axudoume a medrar.

?Por que decidiu volver?

?A nivel deportivo necesitaba un cambio. Quería loitar por algo co que me sentise identificado. Aquí estouno ao 120% porque son as miñas cores e a miña xente.