«Os veciños son un piar indispensable nesta festa»
cervo / la voz
Alfonso Villares destaca o feito de que todo o pobo se una para levar adiante, dende hai corenta anos, a Queimada Popular do pobo.
-Que significa chegar xa á edición número corenta?
-Simboliza o éxito de todos os veciños. Os que sempre traballaron na Queimada, os que estaban antes e os que están agora. Todos colaboran de xeito altruísta. Os veciños son un piar indispensable nesta festa.
-O pobo de Cervo implícase ata o punto de disfrazarse.
-Si, aínda que máis que o feito de que se disfracen eu destacaría a colaboración que hai co Mercado Tradicional. Os veciños poñen o posto ou achéganse a comprar e a mirar e é un complemento moi bo no día de hoxe para ambientar o pobo de Cervo. Á noite tamén hai moitos deles que participan na representación que se fai e é moito o público local que se xunta na Praza do Souto durante os actos.
-Tamén son datas nas que hai moito turismo pola Mariña.
-Exacto. É un sector ao que o atrae moito a nosa zona, e tamén veñen a Cervo, claro. As celebracións que hai nestas datas son un aliciente máis para que disfruten dos nosos pobos e da nosa cultura.
-Que mensaxe se transmite dende a administración para todos os visitantes de hoxe?
-De respecto e civismo, xa que é fundamental. Son festas nas que se xunta moita xente.
-Igual que nas outras festas do Concello de Cervo, hai medidas excepcionais de seguridad.
-Si, xa o falamos na xunta de seguridade que facemos para as festas do verán, centradas especialmente na Maruxaina e na Queimada.
-E ademais esta festa está declarada de Interese Turístico Galego.
-E tamén é un recoñecemento máis ao pobo e á tradición da nosa vila.
Comentarios