«Creo que o traxe que levo é único por Galicia»

s. g. / l.r. CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

18 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Leva máis de tres décadas sendo o encargado de proxectar a súa voz sobre a Praza do Souto de Cervo cando pasa a medianoite.

-Aínda que teña moita experiencia á hora de ser o protagonista das queimadas, que sensacións o percorren cando está a ler o conxuro?

-Agora é todo moito máis fácil que ao principio. Xa case o sei de memoria; vai practicamente de carrerilla. Non me resulta para nada complicado.

-A Queimada é unha festa que recorda as nosas tradicións, moi acorde co seu traxe.

-Si. O traxe que levo é de xunco prensado. Creo que o traxe que levo é único por Galicia. É un problema. Proximamente terei que cambiar o meu, xa que leva moitos anos acompañándome e xa está moi estropeado. O problema é que non sei onde conseguir un novo. Tentareino en Portugal, outra vez, onde hai un artesán que os fai, pero xa é moi maior...

-Comentou noutras entrevistas a este diario que chama tanto a atención que mesmo lle piden sacarse fotos con vostede.

-Si, é moi chamativo. Pero tamén chama moito a atención todo o proceso da Quiemada. Chámanme de moitos lugares para ir facer o ritual. De vodas, doutros sitios onde fan tamén queimadas populares, etcétera.

-Agora xa nervios fóra para esta noite, non?

-Si, claro. Esperemos que saia todo ben, que hai moitas decenas de personas colaborando.