O Pescados Rubén estrearase esta tarde en Vegadeo

Fútbol Sala O equipo de Juanma Marrube disputará a partir das sete da tarde un triangular co Fútbol Sala Boal e O Parrulo Ferrol

.

O Pescados Rubén-Burela lucirá por primeira vez o seu proxecto para a tempada 2018-2019 esta tarde en Vegadeo. Na veciña localidade do Occidente astur xogará o conxunto de Juanma Marrube un triangular de nivel no que tamén participarán O Parrulo Ferrol, da Primeira División, e o Boal, representante do Principado en Segunda B. Serán as primeiras probas do plantel mariñán de cara á preparación dun novo ano en Segunda División, pois a liga arrincará a mediados de setembro.

Novas caras

Os afeccionados asturianos e máis os desprazados desde outros puntos da Mariña terán a oportunidade de ver os avances laranxas, coas caras novas de Imanol, Porto, Vargas, Juanfran, Lucho e Iago Míguez, así como cos vellos coñecidos Edu, Matamoros, Hélder, Renato, Pope, Luisma e Pitero. Enfróntanse ás 19 horas a O Parrulo ferrolán e media hora despois ao Boal. O torneo cerrarase no Municipal de Vegadeo a partires das 20 horas cun O Parrulo-Boal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Pescados Rubén estrearase esta tarde en Vegadeo