A Mariña: «Con esta antoloxía reivindico o meu espazo na literatura infantil»
Xoán Neira presenta hoxe «Gaiola aberta», na Feira do Libro de Viveiro
viveiro/ la voz
Seis libros para nenos e agora, Gaiola Aberta, antoloxía poética na que Xoán Neira recolle 50 dos poemas máis representativos da súa obra.
-¿Como xurde este libro?
-Creo ter escrito poemas de gran calidade, que desgraciadamente pasaron desapercibidos. Con esta antoloxía reivindico o meu espazo poético na literatura infantil e achegar á xuventude á poesía. Hai que ensinarlles que non deben terlle medo, necesitan aprender a valorar que a beleza está nas pequenas cousas.
-¿Con que criterio os elexiu?
-Escolleunos o meu editor, Armando Requeixo, e estou moi contento coa súa decisión. Recoméndoos para nenos de entre sete e doce anos, pero tamén aos adultos. Falan sobre as cousas cotiáns e, por suposto, da natureza. Creo que para ser poeta hai que conservar a mirada de neno.
Neira presenta ás sete desta tarde a súa antoloxía, nun acto con Armando Requeixo
Comentarios