«Sen os veciños estas festas non serían posible»

l.f / l.r. TRABADA/ LA VOZ

A MARIÑA

12 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

As festas grandes de Trabada son un motivo máis de reunión e de xuntanza familiar. Os veciños das diferentes parroquias únense para celebrar o seu patrón, en tres días festivos nos que predomina a boa comida e a música.

-Que supón para un concello como Trabada a celebración das súas festas patronais?

-Pois é algo moi importante para os veciños, que reúne a amigos e familiares que viven fóra e que voltan á casa para desfrutar duns días de diversión en familia.

-Como foi a organización das festas este ano?

-Tivemos dúas reunións cos veciños nas que se decidiu crear unha comisión de festas. Creo que foi a mellor decisión, porque as festas fanse pola vontade dos veciños e veciñas e non se levarían a cabo sen a súa inestimable colaboración e participación.

-Que destacaría do programa?

-Eu destacaría a programación cultural e as actividades infantís. É unha festa na que ten cabida todo o mundo.