Apetecible derbi galaico-astur no Emma Cuervo, entre Langreo e Compostela

Iván Díaz Rolle
i. díaz rolle RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A 67ª edición terá lugar o 18 de agosto no Pepe Barrera de Ribadeo

07 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Como é tradición, o Emma Cuervo servirá un apetecible derbi galaico-asturiano. A Unión Popular de Langreo, recén ascendida a Segunda B, e a histórica Sociedade Deportiva Compostela, agora en Terceira División, serán os protagonistas do máis antigo dos torneos veraniegos españois na súa 67 edición, o 18 de agosto no Pepe Barrera de Ribadeo. O conxunto do Principado buscará estrear o seu palmarés neste certame, mentras que os da capital irmandiña ergueron só unha vez esta copa, en 1995.