«Intentamos chegar aos 10.000 visitantes na oficina de turismo de Alfoz»

Y. G. ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O concelleiro Xabier Pardiñas defende os atractivos turísticos dos concellos mariñáns que non están en primeira liña de costa

03 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Afesta dos Chóferes tamén garda moi bos recordos para o concelleiro alfocense de Cultura, Xabier Pardiñas, destacando igualmente a tradición da cita da fin de semana.

-É das tradicionais da Mariña.

-A Festa dos Chóferes ten moitísima tradición. Creo que se leva facendo ininterrumpidamente dende o ano 1966. Xa está arraigada dentro da cultura popular de Alfoz como festa campestre. Eu lembro, hai vintecinco anos, que iamos un grupo de nenos a recoller madeira para facer as nosas propias tendas para comer alí. Hoxe en día está todo máis organizado e hai carpas. A xente de Alfoz tena como a súa festa.

-Falemos do turismo, sobre todo agora na temporada alta.

-A Mariña non é so costa. Existe un turismo interior e Alfoz é un referente dese turismo polo seu patrimonio histórico, artístico e natural. Hai que poñer en valor todo para que a xente que veña á Mariña se achegue a este turismo interior. A nós estanos dando resultados, en números. Están aumentando as visitas á nosa Oficina de Turismo e intentaremos este ano chegar aos 10.000 visitantes. Unha cifra moi redonda pero importante. Somos dos poucos concellos pequenos que temos aberta a Oficina de Turismo todo o ano. Abreu en marzo de 2015 e so pechamos un mes por obras. En 2015 pasamos dos 3.000, en 2016 dos 5.000 e en 2017 dos 7.000...