«É unha festa que xunta aos veciños de todas as parroquias»

Y. GARCÍA ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

MIGUEL PAZ

O alcalde alfocense Jorge Val: «Empezou polos anos 60, debido á tradición local carroceira e de empresas de transporte», lembra

03 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«A Festa dos Chóferes empezouse alá polos anos 60. Como temos unha tradición carroceira e de empresas de transporte, os empresarios empezaron a celebrar o patrón. E mantívose a tradición, ano tras ano, ata o día de hoxe», destaca e lembra o alcalde do Concello de Alfoz, Jorge Val, cando se lle pregunta pola veteranía da cita local festiva.

-Esa tradición carroceira e ligada ao sector do transporte mantense tamén no presente.

-Si. Por exemplo, Hermanos Rega é unha empresa que está instalada en Alfoz e é unha empresa punteira carroceira tanto a nivel nacional como internacional. Precisamente xa nos anos 60 os que iniciaron a empresa iniciaron tamén a festa. Súmalle talleres e empresas de transporte. Tamén ten unha parte que ver co sector forestal e co transporte de mercancía e de almacéns.

-Que destacaría da festa?

-É unha festa na que se xuntan os veciños de todas as parroquias. Hai unha carpa onde se montan as mesas e vén tamén xente de outros concellos. Faise na parroquia máis céntrica, que é San Pedro de Mor. O sitio préstase porque é chao e hai aparcamento. Na carpa poden chegar a comer unhas mil persoas, pero tamén hai acampadas fóra. Ao mellor se xuntan unhas 1.500.

-Hai pouco, uns quince días, festexaron o Mercado Medieval aos pés da torre de Pardo de Cela. Nada que ver unha cita coa outra, verdade?

-A zona do Castelo é ideal para o Medieval, pero esta de San Pedro de Mor é ideal para esta.

-Estamos en pleno verán. Como o afronta turísticamente Alfoz?

-Notamos que a xente, hoxe, busca outras alternativas á praia como é un clima suave, disfrutar da natureza e da paisaxe, das festas, da gastronomía... Cada día chega a Alfoz xente buscando iso. O turismo aquí está medrando.