O PP, contrario a que se retire o nome de Eijo Garay a unha rúa céntrica de Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

01 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Grupo Municipal Popular de Burela anuncia que se posicionará en contra da moción presentada polo BNG local referente ao cambio de nome da Rúa Eijo Garay.

Os populares consideran que «hai que pensar no presente e mirar cara o futuro, non se vive mirando cara o pasado, por moi soleado ou tenebroso que sexa», sinalan.

E é que consideran que o cambio de nome da rúa «causaría problemas e prexuízos aos veciños e negocios desa vía: administrativos, bancarios, etc.; veciños e propietarios que nada teñen que ver co franquismo, xa que máis ben queren continuar coa súa vida cotiá sen alteracións que os poidan perxudicar», remarcan desde o PP.

Desde o Grupo Municipal engaden que «postos á mirar ao pasado, as xestións feitas por Eijo Garay para o inicio do porto de abrigo da nosa vila, xerme do actual porto burelés, foron feitas a principios dos anos trinta, sen pedir nada a cambio, e en todo caso antes da guerra fraticida e do rexime franquista».

Os edís do PP indican que «a immensa maioría dos veciños e negocios da rúa Eijo Garay opóñense a esta iniciativa do BNG, tal e como constatamos logo de falar con un número importante dos mesmos. E na vida municipal a opinión dos veciños merece ser tomada en consideración», afirman.

Os representantes do BNG de Burela presentaran unha moción solicitando que se retire o nome de Eijo Garay.