«Hoxe haberá 46 postos no Mercado das Carmiñas»

Celébrase en Mondoñedo e tamén o Concurso de Ensaladas

s. c.
mondoñedo / la voz

O Mercado das Carmiñas organízase hoxe en Mondoñedo, por cuarto ano consecutivo de mans de Acia Mondoñedo, o Concello de Mondoñedo, a Asociación do Pasatempo e a Asociación de Clásicos Mindonienses Mira e Anda. O escenario é o mellor posible, a praza da Catedral.

-Cantos postos haberá nesta edición do mercado?

-Contamos cuns 46 postos, nos que se poderá mercar comida, xoguetes de madeira, artesanía, etc. Estarán abertos á venda dende as 10.00 horas ata as 21.00 horas.

-Hoxe é día festivo en toda Galicia. Axuda iso á afluencia?

-Sen dúbida. Dende o momento no que comezamos a organizalo nós, decidimos facelo o 25 de xullo. Xa se estaba a organizar o Concurso de Ensaladas, e consideramos que facer coincidir diversos actos atraería moito público nun día festivo.

-Que máis se pode facer neste día en Mondoñedo?

-Na praza do seminario hai unha quedada de coches e motos clásicos, onde é inestimable a colaboración da Asociación de Clásicos Mindonienses Mira e Anda. Estarán alí dende as 10.00 horas. Tamén haberá dúas ruadas amenizadas pola banda Souto Xímaro e xogos infantiles, dende as 18.00 horas na Praza da Catedral.

-E un ano máis, o tradicional concurso de Ensaladas...

-Si. Temos xa sete participantes inscritos que realizarán as ensaladas cos produtos da horta de Mondoñedo. Aos tres mellores, daráselles unha figuriña feita polo canteiro mindoniense Fernando Vilariño.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Hoxe haberá 46 postos no Mercado das Carmiñas»