«Agardamos a máis de 2.000 persoas no Mercado das Carmiñas»

La Voz

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O concelleiro Manuel Tapia agarda repetir o éxito do ano pasado

25 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Tapia, edil mindoniense, lembra que esta idea -que despois tivo tan boa acollida- naceu para «darlle contido a este 25 de xullo en Mondoñedo; xurdiu con esa idea e a verdade é que foi un empuxón bo para a cidade, grande, porque a xente desta maneira vén ao Mercado das Carmiñas e aproveita tamén este día de verán pola Mariña aínda, polas praias, e dá tempo a todo».

Lembra Manolo Tapia que na edición do pasado ano «viñeron por Mondoñedo para ver o Mercado das Carmiñas e mercar produtos unhas 2.000 ou 3.000 persoas e hoxe agardamos outras tantas se o día está ben e acompaña, que seguro que si».