Así vivimos a noite do sábado na festa de San Martiño

S.GIL, Y. GARCÍA FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

SARA GIL

En directo en el duelo de las orquestas Panorama y París de Noia

23 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Como protagonistas dunha historia de fantasía. Así vivimos a noite do sábado os que estábamos na festa de San Martiño. Coa apertura de espectáculo da orquestra París de Noia e da Panorama, transportámonos ao mundo dos contos, do circo, dos exipcios... Unha noite na que, coa música, viaxamos polos nosos recordos e pola xeografía de medio mundo. Mentres enriba do escenario os cantantes e os músicos poñían todo o seu empeño en facernos saltar e bailar, no público os intentos por seguir os pasos da bachata, producían máis dunha risa cos amigos. A noite foise artellando entre cervexas e combinados, acompañados con apertas e moitas caras emocionadas cos reencontros que alí se viviron. Se algo teñen as festas do verán, sobre todo para os que xa vivimos fóra, son eses minutos de «poñerse ao día» con alguén que hai moito tempo que non ves. Amigos da infancia, familiares de lonxe, vellos compañeiros de clase... todos compartindo un contexto común: a verbena da parroquia de San Martiño en Foz. Milleiros de voces coreando os temas máis coñecidos. Milleiros de persoas de toda España que se xuntan neste pequeno punto do mapa para unha das noites que é unha parada obrigatoria na ruta dos festeiros. Din que quen vai unha vez a esta festa, repite. Confirmámolo. Nós imos xa polo sétimo ano consecutivo. E tan só quedan 363 días para repetir. Vémonos no 2019!