Ribadeo colga no seu balcón a bandeira do Orgullo Gay

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Aí permanecerá ata finais da semana próxima

29 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A bandeira multicolor do colectivo LGTB está un ano máis colgada no balcón do Concello de Ribadeo. As encargadas de colocala foron as concelleiras de Xuventude e Servizos Sociosanitarios, Vanesa Yanes e Sonia Meilán (na imaxe).

Aí permanecerá ata finais da semana próxima. A edil Sonia Meilán sinalaba onte que «hoxe, 28 de xuño, día internacional do orgullo gay a bandeira do colectivo LGTB ondea no balcón do noso Concello, un ano máis. Con este sinxelo acto seguimos a reivindicar e apoiar a este colectivo e os seus dereitos tal e como vimos facendo ultimamente».

O Concello de Ribadeo vense sumando nas últimas convocatorias neste Día Internacional pendurando do balcón do edificio consistorial unha gran bandeira coas cores do colectivo LGTB.